CORTO Y CON FILO
Fatih Akin, 1998
100´. Subtítulos en galego.
KURZ UND SCHMERZLOS / CORTO Y CON FILO
(Alemaña, 1998)
Dirección e guión: Fatih Akin. Produción: Wüste Filmproduktion. Fotografía: Frank Barbian. Intérpretes: Mehmet Kurtulus, Aleksandar Jovanovic. Duración: 100 minutos.
Gabriel, de orixe turca, acaba de saír do cárcere e volve atopar aos vellos amigos, o serbio Bobby e o grego Costa. O trío-falcatrueiro de Hamburgo-Altona regresa a pesar da loita interna de Gabriel. Akin amosa a profundidade emocional que esconden os momentos máis triviais de camaradaría e a fortaleza da amizade.