CON MUCHO CARIÑO
Gerardo García, 1977
88'
CON MUCHO CARIÑO
(España, 1977)
Dirección e guión: Gerardo García. Produción: Z-Gora, S.A. Fotografía: Roberto Gómez. Intérpretes: José A. Garrido, Ana María Simón, Luis Ciges, Elvira Quintillá. Dur.: 88 min.
Nos meses finais da ditadura de Franco, asistimos ás comidas, rutinas e amoríos dunha familia da burguesía industrial mentres as dificultades e desamparo dos traballadores da empresa do cabeza de familia crecen. A aparición dun reivindicativo grupo nunha das reunións de domingo promete dinamitar a mistificación...Relato coral satírico emparentado con tradicións artísticas e modelos autóctonos (García Sánchez, Betriu ou Berlanga) que subverte a orde oficial dos actos cerimoniais, desvelando sen compracencia as mentiras institucionais.