Cine en curso
VV.AA, 2015
40' aprox. Vídeo. Presentación. Entrada de balde
Vida dunha fábrica
(Sada, 2014). Duración: 14'30''
A través dun bonito percorrido pola fábrica de Cerámicas do Castro de Sada, o filme retrata o cotián do lugar: os seus espazos, os procesos, os testemuños dos traballadores. Mais os días da fábrica parecen acabarse: os recortes de persoal ameazan a varios dos traballadores e poñen en cuestión o futuro da vida da fábrica tal como foi retratada.
Realizado por alumnos de 4º da ESO do IES O Mosteirón (Sada): Sergio Baña Domínguez, Alejandro Pastor Ennes Moscoso, Carlos Daniel Míguez Meirás, Andrés Neira Naya, Fernando Olivares Naranjo, Pietro Pagliarini Goulartt, Alejandro Pose Rial, Ángel Rodríguez Lapido, Sergio Rodríguez Sánchez, Jorge Salorio Martínez.
Co acompañamento de Meritxell Colell (cineasta), Marcos Flórez (cineasta) e Natalia Veira (profesora).
Deixando atrás
(Cangas, 2015). 11'53''
Poético e emotivo relato sobre a emigración galega dos anos 50, en que mediante lembranzas e impresións, se fala da dor e do medo da partida, da interminable e angustiosa travesía, da ausencia, das desexadas cartas... De todo o que esas persoas que cruzaron o Atlántico buscando unha vida digna deixaron atrás.
Realizado por alumnos de 5º de Primaria do CEIP A Rúa (Cangas): Iván Armesto, Amanda Buján, Lena Costas, David Fariña, Sarai Fernández, Roque Fernández, Héctor Hugo Ferral, Sheyla Garrido, Mar Guimeráns, Teo Iglesias, Brais Lagoa, Iker Marcus Lemos, Fabián Lorente, Sabela Marcos, Xaime Martínez, Rosemary Molanes, Elia Nogueiras, Daniel Salgado, Adrián Santos, Anxo Tenreiro, Joel Vázquez, Lúa Viéitez, Xoel Vilariño, Hugo Villar.
Co acompañamento de Ana Fernández, Rosana Rúa, May Iglesias, Montserrat Sotelo, Beatriz Bouzón (profesores) e Ángel Santos (cineasta).
Més a prop (Más cerca)
(Barcelona, 2015) 11' 58''.
A mellor amiga de Adrián acaba de marchar á súa cidade natal, Tánxer. Falan a distancia. El anhela dedicarse á música, mais sabe que seus pais non han poder pagarlle os estudos. Na casa non ten con quen compartir o seu soño e séntese illado dos amigos que ten preto.
Realizado por alumnos de 2º da ESO do Institut Milà i Fontanals: Sehar Akhtar, Sher Ali, Haider Ali, Rafia Ali, Adriana Alonso, Zabi Anwar, Nadia Asghar, William Carvajal, Nadir El Otmany, Amine Fennich, Mercè Gutiérrez, Zihad Hossain, Mariana Claudia Jianu, Ainhoa del Carmen Lafuente, Jakaria Miah, Marta Moreno, Usman Muhammad, Fàtima Zohra, Adrián Vargas.
Co acompañamento de Meritxell Colell, Rafa Campillo, Marta Garcia, Miquel Llaràs, Blanca Munarriz e Ricardo Puertas.