CHICAGO 10
Brett Morgen, 2007.
110´. Subtítulos en galego.
CHICAGO 10
(Estados Unidos, 2007)
Dirección e guión: Brett Morgen. Produción: Participant Media. Duración: 110 minutos.
Chicago, 1968. Varios grupos pacifistas aproveitan a convención do Partido Demócrata para escenificar masivamente a súa oposición á guerra de Vietnam. O que imos ver está baseado nas transcricións do xuízo onde acusaron de conspiración a oito dos activistas máis relevantes (Hoffmann, Rubin, Hayden, etc.) Morgen —director d´“El chico que conquistó Hollywood” (2002), achegamento biográfico ao mítico produtor da Paramount Robert Evans— combina secuencias animadas que reconstrúen a farsa xudicial con imaxes de arquivo das protestas e a represión policial, que levan a historia máis lonxe, permitindo unha reflexión sobre a imaxe en si. Entre as voces podemos escoitar as de Roy Scheider, Nick Nolte, Hank Azaria e os propios activistas Hoffmann e Rubin.