Cet obscur objet du désir / Ese oscuro objeto del deseo
Luis Buñuel, 1977
103'. 35mm. Subt. Galego
Cet obscur objet du désir / Ese oscuro objeto del deseo
(Francia, España, 1977)
Dirección: Luis Buñuel. Guión: Luis Buñuel, Jean-Claude Carrière. Fotografía: Edmond Richard. Intérpretes: Fernando Rey, Ángela Molina, Carole Bouquet, Julien Bertheau, André Weber, Milena Vukotic, María Asquerino. Dur: 103'.
Durante unha viaxe en tren de Sevilla a Madrid, o cabaleiro Mathieu cóntalles aos seus acompañantes de vagón as súas aventuras e desventuras cunha muller que o ten obsesionado, Conchita.
Os suxeitos deste desexo non son outros que Ángela Molina e Fernando Rey. A película, alén do músculo visual e narrativo de Buñuel, susténtase sobre todo nestas dúas actuacións e nun guión que o cineasta español asina onda Jean-Claude Carrière e que lles valeu o seu segundo nomeamento ao Óscar tras gañalo por El discreto encanto de la burguesía.
Versión francesa, o actor Fernando Rey está dobrado por Michel Piccoli.