
As Cançoes
Eduardo Coutinho, 2011
90’. Subt. Castelán.
AS CANÇÕES
(Brasil, 2011)
Dirección: Eduardo Coutinho. Produción: VideoFilmes. Fotografía: Jacques Cheuiche. Duración: 90 minutos.
Sentadas diante da cámara, filmadas en primeiro plano cun fondo negro, dezaoito persoas cantan as cancións que marcaron as súas vidas e contan as historias ligadas a elas. Son historias do corazón, de rupturas, de reencontros, de traizóns, de morte, de finais felices. Cancións de Jorge Ben Jor, Roberto Carlos, Chico Buarque, Tom Jobim, e ata cancións inéditas, renacen nos beizos destes habitantes de Rio de Janeiro. “Para que serve a música?”, pregunta Coutinho a Queimado, un dos personaxes memorables do filme: “Hai olores, mais non sempre estás ulindo. Pero a música, escóitala, cántala e de seguro lembras algo”. En palabras do director “a música é como unha mecha que fai a memoria máis afectiva e este é un filme sobre o sentimento”.