
CALLE SIN RETORNO
Samuel Fuller, 1989
93´. Versión dobrada.
SANS ESPOIR DE RETOUR / CALLE SIN RETORNO
(Francia-Portugal, 1989)
Dirección: Samuel Fuller. Guión: Samuel Fuller e Jacques Bral, sobre unha novela de David Goodis. Produción: Animatógrafo, France 3 Cinema, Thunder Films International. Fotografía: Pierre-William Glenn. Intérpretes: Keith Carradine, Valentina Vargas, Bill Duke. Duración: 93 minutos.
Un antigo ídolo da canción, Michael, converteuse nun vagabundo borracho. Anos atrás, Eddie, un mafioso, destruíulle as cordas vocais nunha pelexa polo amor dunha muller, Celia. Pero pasou o tempo e Michael descobre a Eddie e Celia vivindo nunha luxosa mansión...Onírica adaptación do literato de serie negra David Goodis que con humor, sentido da violencia, enerxía e sabia relectura do xénero, pecha a filmografía de Fuller. A flagrante ausencia de copias provoca que se proxecte unha versión dobrada.