ÇA BRULE
Claire Simon, 2006.
111´. Subtítulos en castelán.
ÇA BRULE
(Francia, 2006)
Dirección: Claire Simon. Guión: Claire Simon, Jérôme Beaujour e Nadège Trébal. Produción: Maïa Films, Promedade Films e Vega Film. Fotografía: Pascale Granel. Intérpretes: Camille Varenne, Gilbert Melki. Duración: 111 minutos.
Historia ambientada no Var que describe o amor exaltado entre unha adolescente de 15 anos e un home do lugar, Jean, 37 anos, profesor, bombeiro voluntario, casado e pai de dous fillos. Estamos ao principio das vacacións dun eterno verán. Interesante documentalista pouco coñecida no noso país, Claire Simon é autora de títulos tan distinguidos como “Récréations” (1998) e “Mimi” (2003).