
BULLITT
Peter Yates, 1968.
114´. Subtítulos en galego.
BULLITT
(Estados Unidos, 1968)
Dirección: Peter Yates. Guión: Alan Trustman e Harry Kleiner, sobre a novela Mute witness de Robert L. Fish (Robert L. Pike). Produción: Warner Brothers/Seven Arts e Solar Productions. Fotografía: William A. Fraker. Intérpretes: Steve McQueen, Robert Vaughn, Jacqueline Bisset. Duración: 114 minutos.
Ao detective Bullitt asígnaselle un caso que parece sinxelo: o coidado da testemuña dun importante xuízo. O rápido asasinato deste leva ao discreto Bullitt a unha procura implacable dos culpables. Óscar á mellor montaxe para un título mítico que achega unha dimensión documental, un guión ben medido, a partitura de Lalo Schifrin, o suxestivo reparto, que conta con nomes como Robert Duvall, Don Gordon, Norman Fell, Felice Orlandi, Joanna Cassady e Simon Oakland en papeis secundarios e algunhas memorables secuencias de acción, entre as que cómpre destacar a persecución en coche polas rúas de San Francisco protagonizada polo propio protagonista, un magnífico Steve McQueen que anticipa con lucidez os antiheroes que van poboar o policial da década seguinte.