A BRIGHTER SUMMER DAY
Edward Yang, 1991
239´. Subtítulos en galego.
GULING JIE SHAONIAN SHA REN SHIJIAN / A BRIGHTER SUMMER DAY
(Taiwán, 1991)
Dirección: Edward Yang. Guión: Edward Yang, Lai Mingtang, Yan Hongya e Yang Shunqing. Produción: Yang and His Gang Filmmakers. Fotografía: Zhang Huigong, Li Longyu. Intérpretes: Lisa Yang, Zhang Zhen, Zhang Guozhu. Duración: 239 minutos.
O título orixinal chinés alude a “o caso do mozo asasino da rúa Guling” e refírese ao seu protagonista, Xiao Si’r, adolescente trasladado a unha escola nocturna que comeza a relacionarse coa banda de Little Park, inimigos da 217. Nese ambiente de violencia e rivalidade, Xiao coñece a Ming, a moza de Honey, líder da banda de Little Park fuxido ao sur da illa tras asasinar ao líder da 217. Mentres, o pai de Xiao ve perigar o seu emprego de funcionario estatal polas súas antigas relacións na China continental. É 1960, época do Terror Branco e os adolescentes intentan evadirse deste opresivo ambiente escoitando a Elvis Presley.