Bright leaves
Ross McElwee, 2003
107’. Vídeo. Subt. castelán.
BRIGHT LEAVES
(Estados Unidos, 2003)
Dirección, guión e fotografía: Ross McElwee. Produción: Linda Morgenstern e Ross McElwee. Duración: 107 min.
A historia do bisavó do director, empresario tabaqueiro que fundou a marca Bull Durham, serviu de base para un antigo melodrama de Hollywood dirixido por Michael Curtiz. Tres xeracións despois, McElwee emprende unha viaxe por Carolina do Sur na compaña de todas as pantasmas, a de Curtiz e a do seu avó, coñecedor de que a escusa inicial se pode transformar en calquera momento e mudar non só a película, senón a súa idea da vida. Outro capítulo da existencia cinematográfica de McElwee, mestre do diario fílmico e do documental autobiográfico.