
BORRACHERA DE PODER
Claude Chabrol, 2006.
110´. Subtítulos en castelán.
L´IVRESSE DU POUVOIR / BORRACHERA DE PODER
(Francia, 2006)
Dirección: Claude Chabrol. Guión: Odile Barski e Claude Chabrol. Fotografía: Eduardo Serra. Produción: Alicéléo, France 2 Cinéma, A.J.O.Z. Films e Integral Film. Intérpretes: Isabelle Huppert, François Berléand, Patrick Bruel. Duración: 110 minutos.
Depurada narración do clásico en vida Claude Chabrol que, interpretada por Isabelle Huppert, facilita outro maxistral retrato feminino, o da xuíza Jeanne Charmant-Killman, que levou nos anos 90 á investigación da trama de corrupción do caso Elf en Francia. As turbideces dun triplo marco social (xudicial, político, financeiro) en forma de thriller e melodrama, as complexidades do comportamento humano e a sólida transparencia da posta en escena explican a notable pervivencia do veterano cineasta.