Block-notes di un regista
Federico Fellini, 1969
52'. Vídeo. Subt. galego.
BLOCK-NOTES DI UN REGISTA / FELLINI: A DIRECTOR’S NOTEBOOK
(Italia-Estados Unidos, 1969)
Dirección: Federico Fellini. Guión: Federico Fellini e Bernardino Zapponi. Produción: NBC Company. Fotografía: Pasquale de Santis. Intérpretes: Giulietta Massina, Marcello Mastroianni. Duración: 52 minutos.
Precedente de documentais creativos como Los Clowns, Roma, Ensayo de orquesta ou Entrevista, o traballo filmado para a NBC Company (Estados Unidos) é un tributo ao proxecto abortado máis longamente acariciado por Fellini, Il viaggio di Mastorna. Tamén aparece como un percorrido por moitos dos rostros coñecidos (Massina, Mastroianni, Nino Rota) da súa filmografía funcionando, en palabras de Ángel Quintana, como “un documental artellado como se fosen os apuntamentos dun posible ensaio sobre a creación felliniana”.