BLINK
Ronaldo M. Bertubin, 2008.
70´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
KURAP / BLINK
(Filipinas, 2008)
Dirección: Ronaldo M. Bertubin. Guión: Romualdo Avellanosa. Produción: Silangan Company. Fotografía: Gary Gardoce. Intérpretes: Serwin Ordoñez, Jojit Lorenzo. Duración: 70 minutos.
Avaricia, corrupción e traizón nas rúas de Manila. Ambet forma parte dunha banda de ladróns e criminais, rouba para poder manter á súa irmá, que sofre de glaucoma. Pero os cartos que gaña non son suficientes para os dous. Un xornalista sensacionalista contrata a Ambet como axente encuberta para destapar toda a banda criminal, pero as dúbidas e a traizón que supón o seu acto crearanlle un forte dilema ao mozo. Que farías por amor e cartos? A cámara oculta será a testemuña. Segundo dos tres filmes do cineasta filipino Bertubin.