BILBAO
Bigas Luna, 1978
95’
BILBAO
(España, 1978)
Dirección e guión: Bigas Luna. Produción: Ona Films, Figaro Films. Fotografía: Pedro Aznar. Intérpretes: Ángel Jové, María Martín, Isabel Pisano. Dur.: 95 min.
Turbia disección dunha psicopatoloxía que nos introduce polos camiños do fetichismo, a obsesión enfermiza e os discursos da pornografía a través da mirada do inquietante perseguidor dunha bailarina de strip-tease. Segunda longametraxe do seu autor, a seducción do impulso voyeurista do cinema de carácter erótico, pero tamén do propio espectador, a través da historia dun suxeito desexoso fronte a unha muller transformada en obxecto, as autoridades cualificárona co entón vergonzante e moi popular “S” (soft-core), circunstancia que non impediu unha boa recepción.