Bienvenido, Mister Marshall
Luis G. Berlanga, 1952
78'.
BIENVENIDO MISTER MARSHALL (España, 1952) Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Juan Antonio Bardem, Luis García Berlanga e Miguel Mihura. Produción: UNINCI. Fotografía: Manuel Berenguer. Intérpretes: José Isbert, Manolo Morán, Lolita Sevilla. Duración: 78 minutos. O alcalde de Villar del Río recibe unha notificación dos seus superiores. Unha delegación estadounidense visitará o pobo, disposta a satisfacer todas as súas necesidades. As forzas vivas conveñen en organizarlles unha calorosa acollida. Primeira longametraxe de Berlanga en solitario, un sutil e enxeñoso xogo de tradición e proveito de elementos culturais autóctonos propios (dos xéneros populares ao esperpento pasando pola participación de excelentes actores), modernidade (a especial voz omnisciente de Fernando Rey) e pegadas dos mellores modelos alleos foráneos (Capra, o neorrealismo). Presente en Cannes, premios do Círculo de Escritores Cinematográficos (CEC).
O propósito que animou a xestación da película foi utilizar materiais proviñentes da nosa cultura popular como vehículo para ofrecer un conxunto de reflexións progresistas sobre o seu momento cultural e histórico. O punto de partida estivo, pois, constituído por: 1° a existencia dunha notable escola de actores xenéricos e característicos que alimentaba a súa excepcional sabiduría cunha tradición escénica apoiada na zarzuela e o sainete, e que para ese entón se encontraba xa fogueada dabondo ante as cámaras cinematográficas; 2°) a firmemente asentada e enriquecida dramaturxia provinente, en sifuacións e personaxes, desa sólida estirpe teatral; 3°) a fortuna popular dunhas manifestacións folclóricas de raigame andalucista que, desenvolvidas culturalmente en época republicana, estaban moi arraigadas na radio e nos escenarios, malia non estar aínda moi extendidas na pantalla (se ben, pouco tardaría en proliferar unha variante convencional e domesticada da mesma), e 4°) a pertenencia de gran parte do imaxinario da poboación española do momento ó ámbito rural. Estos elementos tradicionais cruzáronse cunha actitude rexeneracionista e crítica que, poñendo en escena as «forzas vivas» dun pobo que se presentaba como microcosmos elocuente e representativo da nosa realidade nacional, edificou: 1°) un sutil discurso antigubernamental e antiianqui (...); 2°) un ácido comentario sobre o colonialismo cultural (...); 3°) unha feroz proclama contra o maquillaxe e a decoración da realidade en nome de interesadas miradas alleas -opinión tamén extendida a certo cine español- e unha califificación de folclorismo espúreo como forma cultural tan arredada da nosa realidade como da cultura foránea (...), e 4º) unha pertinente visualización de tal estado de cousas: cando chegan os «delegados» todo ser vivinte no pobo (...) presta submisa atención, por medio da montaxe, á noticia: o labrador convertido en tractorista gracias á onírica dádiva ianqui ten que loitar co paracaídas desplegado que constitúe o apéndice do tractor e que obstaculiza o seu movemento con brutal severidade. (Julio Pérez Perucha, extraído de Julio Pérez Perucha (ed.): Huellas de luz. Películas para un Centenario. Diorama, 1996)