Bicicleta, cuchara, manzana
Carles Bosch, 2010.
106’. Vídeo. Subt. Castelán.
BICICLETA, CULLERA, POMA / BICICLETA, CUCHARA, MANZANA
(España, 2010)
Dirección e guión: Carles Bosch. Produción: Cromosoma S.A., en colaboración con Televisió de Catalunya, TVE e XTVL. Fotografía: Carles Mestres. Duración: 106 minutos.
Outono de 2007. Pascual Maragall, coñecido político socialista, recibe un duro diagnóstico: ten a enfermidade de Alzheimer. El e a súa familia comezan unha cruzada. Con intelixencia, sinceridade e bo humor, Maragall déixase retratar xunto á súa familia e os médicos para deixar constancia cotiá desa pelexa persoal. Dous anos de seguimento a un paciente excepcional disposto a que os científicos atopen a cura antes de que a cifra de 26 millóns de doentes no mundo se multiplique por dez. Goya á mellor longametraxe documental.