Belle dormant
Adolpho Arrietta, 2016
82'. DCP. Subt. Castelán. Presentación: A. Arrietta
Belle dormant
(Francia, España, 2016)
Dirección e guión: Adolpho Arrietta. Fotografía: Thomas Favel. Intérpretes: Niels Schneider, Agathe Bonitzer, Mathieu Amalric, Tatiana Verstraeten. Dur: 82'.
No reino de Letonia, o príncipe Egon só ten unha cousa na mente: atopar a bela durminte e crebar o feitizo. Mais o seu pai, o Rei, non está de acordo.
Retorno dunha lenda viva do cine underground, o madrileño Arrietta compón unha obra de clara inspiración poética, con xogos entre o real e o ficticio, no ronsel de Jean Cocteau. Personalidades como Andy Warhol, Marguerite Duras ou Enrique Vila-Matas declaráronse admiradores dun dos autores máis libres do noso cine.