AXUT
José María Zabala, 1976
88´. Vídeo. Entrada gratuíta.
AXUT
(España, 1976)
Dirección, guión e fotografía: José María Zabala. Produción: Frontera Films Irún, SA. Duración: 88 minutos.
O músico José María Zabala, histórico guitarrista de Mikel Laboa, crea, nas súas verbas, un “circo metafísico” e metafórico, unha elocuente demostración da relación imaxe-son arroupada pola expresividade plástica e musical. Con escasos medios e extrema brillantez, proponse un insólito traballo que entrecruza poesía, pintura e música e alerta contra un horizonte de represión e amargura, amosando sen necesidade de diálogo ningún os grandes problemas do pobo vasco.