AUX FRONTIÈRES
Danielle Arbid, 2002
60´. Vídeo. Subtítulos en galego.
AUX FRONTIERES
(Francia-Bélxica, 2002)
Dirección e guión: Danielle Arbid. Produción: Movimento Production. Fotografía: Raymond Fromont e Antoine Héberlè. Duración: 60 minutos.
Un percorrido pola fronteira que separa Israel dos seus veciños: Xordania, Líbano, Siria e Exipto. Danielle Arbid xamais a traspasa, queda xusto no punto onde armados ata os dentes os soldados dun e doutro lado se vixían. Si agarda aos refuxiados palestinos que a cruzan e si lles oe contar as súas historias.