Asuntos internos
Uqui Permui, Xoán Anleo, 2007
23'.Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
ASUNTOS INTERNOS
(España, 2007)
Dirección e guión: Uqui Permui e Xoán Anleo. Produción: Uqui Cebra. Duración: 23 minutos.
Do íntimo ao público. Os relatos privados de catro mulleres de distintas xeracións fan visible a estrutura histórica do último século. Da república aos anos da ditadura de Franco, o exilio, a transición e o cambio socialista. Os relatos destas mulleres transcorren paralelos á historia, malia térselles negado formar parte da Historia con maiúscula.