
A AREA DO CRIME
Amos Gitai, 1996
90’. Vídeo. Subtítulos en galego.
(Israel-Francia, 1996)
Dirección: Amos Gitai. Produción: Agav Films. Fotografía: Jorge Gurevitch, Ariel Semmel, Jean-Paul Toraille. Dur.: 90 min.
Tres semanas despois do asasinato do primeiro ministro Isaac Rabin, a finais de 1995, o cineasta segue as pegadas deixadas polo acontecemento, percorrendo o país durante tres meses. A medio camiño entre o documental, o ensaio e o relato íntimo, “L’Arène du meurtre” é unha película de loito, construída integramente sobre a dor e a ausencia” (Serge Toubiana).