Árboles
Los Hijos, 2013.
61'. Vídeo.
ÁRBOLES
(España, 2013)
Dirección, guión, produción e fotografía: Los Hijos (Javier Fernández, Luis López Carrasco e Natalia Marín). Intérpretes: Antonia Silebo, Pilar Loheto. Duración: 61 minutos.
Con forma de ensaio e a deixarse levar por unha frutífera e libre asociación de ideas, Los Hijos trazan un percorrido polas diferentes formas que ten o ser humano de loitar co que se constrúe na súa contorna. Un tríptico que comeza en Guinea, na procura das lendas orais e a historia dun pobo que resistiu, de xeito peculiar, ao colonialismo. Segue unha tarde calorosa, sensorial e estraña, dunha familia pechada no que semella un piso dos arrabaldes de Madrid. E remata cunha parella que conversa en medio dun presente desesperanzado, complicado.