Apuntamentos para un filme. A cicatriz branca
Margarita Ledo, 2012
48’.Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
APUNTAMENTOS PARA UN FILME. A CICATRIZ BRANCA
(España, 2012)
Dirección e guión: Margarita Ledo. Produción: Nós P.C. Fotografía: Pablo Cayuela e Margarita Ledo. Duración: 48 minutos.
Na primeira metade do século XX, milleiros de mulleres saíron soas de Galicia cara a América. Moitas delas eran ilegais, con papeis que falsificaban a súa idade e mesmo a súa identidade. Ían destinadas a servir. A aprendizaxe da autoestima a través de filmar a palabra é a paisaxe de fondo do documental que nomeamos Apuntamentos para un filme, onde cada fragmento, cada pequena emoción, a expresión calma ou a emerxencia da dor latente constrúen unha atmosfera de «eterno presente». Apuntamentos para un filme recolle testemuños dos que agroman as personaxes da ficción A cicatriz branca.