
Amour Fou
Jessica Hausner, 2014
96'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
AMOUR FOU
(Austria-Luxemburgo, 2014)
Dirección e guión: Jessica Hausner. Fotografía: Martin Gschlacht. Produción: Coop 99 e Amour Fou Luxembourg. Intérpretes: Christian Friedel, Birte Schnoeink. Duración: 96 minutos.
En pleno Romanticismo, un poeta tráxico e mozo, Heinrich –inspirado de xeito libre na vida e suicidio de Heinrich von Kleist- aspira a vencer o carácter inevitable da morte grazas ao amor. Heinrich tenta convencer á súa prima Marie para se suicidaren xuntos. Marie non empatiza coa causa, o que deprime a Heinrich. Non obstante, Henriette, unha moza casada que se descobre unha enfermidade incurable, si acepta a proposta. A relación entre homes e mulleres e diversos retratos particulares para un relato lúcido e ben singular.