
Amanece Despejado+ Icaros: A Vision
VV.AA (2016-2017)
Entrada de balde até completar aforamento/ Presentación
Icaros: A Vision
Leonor Carballo e Matteo Norzi, 2016
Sinopse: Buscando unha milagre, Angelina aterra nun centro terapéutico da Amazonía peruana onde chamanes atenden a un grupo de psiconautas estranxeiros na procura de transcendencia, compañía e os segredos da vida e a morte.
Trátase dunha viaxe visual e sonora pola selva peruana auspiciada pola planta sacra ayahuasca. Centrada nas cerimonias nocturnas que son a característica principal dos retiros chamánicos, Icaros brilla na escuridade, reproducindo unha viaxe chamánica. A película é unha historia sobre a liberación dos medos e tamén un tapiz fílmico sobre o encontro de culturas, un Oeste en procura da súa alma perdida no pobo indíxena. Finalmente, a historia ten lugar en Iquitos, a mesma cidade onde o Fitzcarraldo de Herzog foi fusilado hai máis de 30 anos, e o hotel Casa Fitzcarraldo alberga unha das escenas da película.
Distribuidora: The Film collaborative http://www.thefilmcollaborative.org/
Leonor Carballo traballou como fotógrafa e videoartista entre Buenos Aires e Nova York. Gañou importantes bolsas, incluíndo o Guggenheim Latinoamericano.
Os seus vídeos experimentais foron exhibidos internacionalmente en lugares como a Tate Modern, PS1 / MOMA, Artists Space e Herba Boa. ICAROS: A VISION é a súa primeira longametraxe.
Leonor morreu dun cancro de mama o sábado 24 de xaneiro de 2015 antes de poder completar a película.
Matteo Norzi (Italia, 1976) é un artista visual, de Uruguai e Italia, que vive en Nova York. A súa obra artística é exploratoria e levouno a través de varias viaxes extensas ao longo de seis continentes. ICAROS: A VISION marca o seu debut como guionista e director de cinema. Trae consigo anos de experiencia e extensa investigación sobre a historia, cultura e coñecemento do pobo Shipibo-Conibo.
Antes da película poderemos ver a curtametraxe a concurso:
Amanece Despejado
María Vázquez y Bruno Máez, 2017
Sinopse: Hoxe é un día importante para María: vai dar unha conferencia sobre o famoso escritor de ciencia ficción Philip K. Dick. Unha mañá normal salvo polos nervios previos. Pero pronto descubrirá que nada é o que parece.
Distribución: brumape@gmail.com
Estrea Mundial.
Presentada polos directores