
Alice
Jan Švankmajer, 1987
84´. Subt. galego. Presentación a cargo do crítico Eloy Domínguez. Entrada de balde.
NECO Z ALENKY / ALICE
(Checoslovaquia-Suíza-Reino Unido-RFA, 1987)
Dirección e guión: Jan Švankmajer, sobre a narración de Lewis Carroll Alicia en el país de las maravillas. Produción: Channel Four Films, Condor Films. Fotografía: Svatopluk Malý. Intérpretes: Kristýna Kohoutová. Duración: 84 min.
Premio á mellor película no Festival especializado de Annecy. "Alice, que foi a primeira longametraxe de Švankmajer, é probablemente unha das máis accesibles para o gran público. Alicia en el país de las maravillas (1865) de Lewis Carroll forneceulle un texto admirado polos surrealistas e un tema moi na liña das preocupacións do propio Švankmajer -un diálogo coa infancia e co mundo infantil de imaxinativo xogo sen límites-. Explorara con antelación este territorio nun filme anterior, Jabberwocky (1971), inspirado por Carroll e por Nezval. Malia deixar claro no título checo do filme, Algo de Alicia, que non tentou filmar ou 'adaptar' a novela, o que en última instancia sorprende é menos a desigualdade ca a semellanza" (Peter Hames). Sesión presentada polo crítico galego Eloy Domínguez, co-director da publicación dixital especializada A Cuarta Parede.