ALIBABA Y LOS CUARENTA LADRONES
Jacques Becker, 1954
92´. Subtítulos en galego.
ALI BABA ET LES QUARANTE VOLEURS / ALIBABA Y LOS CUARENTA LADRONES
(Francia, 1954)
Dirección: Jacques Becker. Guión: Cesare Zavattini, André Tabet, Jacques Becker, Marc Maurette e Maurice Griffe. Produción: Films du Cyclope. Fotografía: Robert Lefebvre. Intérpretes: Fernandel, Samia Gamal, Dieter Borsche, Henri Vilbert. Duración: 92 minutos.
A historia do escravo dun mercador que, acompañando a unha muller, se atopa nunha cova de ladróns, está baseada no afamado conto pertencente a “As mil e unha noites”. Becker acomoda o relato aos compoñentes da farsa de orixe marsellesa, axustando ao singular Fernandel a unha sólida engrenaxe narrativa chea de gags e un estimulante emprego da cor.