![Alén do Cosmos Alén do Cosmos](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_3716.jpg?itok=aeujEHc9)
Alén do Cosmos
Pedro Pablo Alonso, 2016
57'. DCP. Presentación. Entrada de balde
Alén do Cosmos
(España, 2016)
Dirección e guión: Pedro Pablo Alonso. Fotografía: Cuco Pino. Dur: 57'.
Alén do Cosmos conta o periplo vital de Santiago Formoso, un rapaz vigués que emigrou a Nova York a finais dos 60 e acabou gañando a vida coma futbolista no lendario New York Cosmos, onda estrelas coma Pelé, Beckenbauer, Carlos Alberto ou Johan Cruyff. Retirado a finais dos 80, Formoso é hoxe un galego-americano máis dos moitos que viven en Queens ou Newark, cunha interesante experiencia que contar sobre o deporte, o negocio no que se converteu e a vida concibida como espectáculo.
O documental levouse a cabo grazas a un crowfunding e comezouse a gravar en xuño de 2013, con localizacións de a cabalo entre Newark, Nova York e Vigo.