ALEJANDRO EL MAGNO
Robert Rossen, 1956
136´. Subtítulos en galego.
ALEXANDER THE GREAT / ALEJANDRO EL MAGNO
(Estados Unidos-España, 1956)
Dirección e guión: Robert Rossen. Produción: Rossen Films, C.B. Films e United Artists. Fotografía: Robert Krasker. Intérpretes: Richard Burton, Fredric March, Claire Bloom. Duración: 136 minutos.
Relato da vida e controvertida personalidade de Alejandro III, rei de Macedonia, conquistador do imperio persa e un dos lideres máis importantes da antigüidade. Rodada en España -dentro do particular exilio de Rossen logo da caza de bruxas anticomunista emprendida nos Estados Unidos-, o director propón unha nova reflexión sobre os mecanismos e usos do poder, unido ao habitual estudo dos compoñentes (auto)destrutivos presentes no ser humano, neste caso metaforizado no Alejandro recreado por Richard Burton.