The Airstrip
Heinz Emigholz, 2014
120'. DCP. Subt. castelán. Presentación a cargo de Evaristo Zas.
THE AIRSTRIP
(Alemaña, 2013)
Dirección, guión e fotografía: Heinz Emigholz. Produción: Filmagalerie 51 e WDR. Duración: 120 minutos.
“Imaxino un espazo aéreo sobre o que se guindou unha bomba, que aínda non chegou ao albo, e que xa é imposible deter. Pregúntome que clase de tempo existe entre o lanzamento e o estoupido. Non é o futuro, pois a inevitable destrución aínda non tivo lugar. Nin é o pasado, pois todo será destruído nun instante”. Así comeza Emigholz, The Airstrip, e ese intre que describe é o modernismo –auxe e caída– do que dá conta a través de edificios en Berlín, París, Bos Aires, Cidade de México, Brasilia, Saipan e máis. Un filme en que se zafa de toda idea preconcibida sobre a súa serie arquitectónica e onde caben a guerra, o persoal, e mesmo o surrealismo.