
ADELA
Adolfo Alix Jr., 2008.
88´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
ADELA
(Filipinas, 2008)
Dirección: Adolfo Borinaga Alix Jr. Guión: Adolfo Borinaga Alix Jr. e Nick Olanka. Produción: Bicycle Pictures. Fotografía: Albert Banzon. Intérpretes: Anita Linda, Jason Abalos. Duración: 88 minutos.
Adela, antiga estrela da radio, vive soa nun vertedoiro ás aforas de Manila. Mentres se ocupa da súa vida diaria, Adela vese envolta nos sucesos mundanos e dramáticos dos seus veciños. É entón cando percibe mellor a súa distinción e soidade. Un retrato impresionante da difícil situación que atravesan moitos anciáns en Filipinas, vítimas da miseria e da corrupción.