Aadat
Xisela Franco, Noé Rodríguez, 2004
22'. Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
AADAT
(España, 2004)
Dirección e guión: Xisela Franco e Noé Rodríguez. Produción: Epojé Films. Duración: 22 minutos.
Hai pobos que constrúen as súas vidas desde a vontade alí onde reina o inerte, onde a paisaxe é árida e morta e só existen extensións infindas de area e pedras. Este documental etnográfico descobre o milagre que é a vida do pobo saharauí. Esquecidas, desoídas, condenadas á supervivencia máis extrema, as e os saharauís conservan aínda a súa esperanza de xustiza.