36/75
Xurxo González, 2009.
40´. Vídeo. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
36/75
(España, 2009)
Dirección, guión e produción: Xurxo González. Duración: 40 minutos.
A Guarda. Febreiro 2009. Eleccións Galegas. O sentimento democrático ilumina friamente lugares anónimos onde se esvaeceron os sinais do paso do “demo”. Reflexión sobre a dificultade de lembrar, dos problemas da Historia, do paso do tempo, da significación dos espazos, da fraxilidade da memoria, da natureza documental e da vontade de esquecer dunha parte da sociedade que convive, sen querer darse de conta, en escenarios que testemuñan a barbarie.