23rd Psalm Branch songs 24-27
Stan Brakhage, 1966-1969
130' aprox. 8 mm/ 16 mm. Entrada de balde
Segundo programa dedicado á serie Songs que Stan Brakhage rodou entre mediados e finais da década dos sesenta en 8 mm. Forma parte desta serie 23rd Psalm Branch, un dos seus títulos máis celebrados e que, coa duración dunha longametraxe, constitúe, con Vietnam como fondo e en palabras de P. Adams Sitney, “unha meditación sobre a natureza da guerra”. Precisamente, en canto o resto dos títulos se proxectarán en 16 mm., 23rd Psalm Branch farao no seu formato orixinal, 8 mm, grazas á cesión dunha copia por parte de Gabe Klinger e o Austrian Film Museun e á colaboración técnica de S8-Mostra de Cinema Periférico.
23rd PSALM BRANCH (Estados Unidos, Stan Brakhage, 1966-1967) 69'
Songs 24-26 (Estados Unidos, Stan Brakhage, 1968) 15'
Song 27 (Part I) My Mtn. (Estados Unidos, Stan Brakhage, 1968) 17'
Song 27 (Part II) Rivers (Estados Unidos, Stan Brakhage, 1969) 24'