14 d’abril: Macià contra Companys
Manuel Huerga, 2011
84'. Vídeo. Subt. castelán. Entrada de balde.
14 D’ABRIL. MACIÀ CONTRA COMPANYS
(España, 2011)
Dirección: Manuel Huerga. Guión: Toni Soler. Produción: Minoría Absoluta e Televisiò de Catalunya. Fotografía: Mario Montero. Intérpretes: Pere Ponce, Fermí Reixach. Duración: 84 minutos.
14 de abril de 1932. Tanto o presidente da Generalitat catalá, Macià, como o dirixente da oposición, LLuis Companys, rememoran a mesma data xusto un ano antes, cando é proclamada a República. Imaxes de arquivo reais, recreacións dramatizadas, ambos a dous visualizan e elaboran o seu relato dos feitos ante as preguntas dun xornalista. Premio Gaudí á mellor película para televisión, unha ficción enmascarada baixo resortes documentais dirixida polo coñecido Manuel Huerga, director da peza de culto reactivadora da non ficción nos anos 80, Gaudí (1989), así como do thriller formalista Antártida (1995) e o exitoso filme biográfico dedicado a Salvador Puig Antich, Salvador (2006).