
11X14
James Benning, 1976
80´.
11X14 (Estados Unidos, 1976) Dirección e fotografía: James Benning. Produción: James Benning co apoio do American Film Institute e The National Endowment for the Arts. Intérpretes: Serafina Bathrick, Paddy Whannel. Duración: 80 minutos. Planos rodados en Wisconsin e South Dakota cheos de alusións á fotografía americana como resultado da multiplicación que indica o título. Son natural sincronizado e fundidos en negro como división entre eles nunha road-movie minimal, deconstruída, de narrativa desprazada, de movemento continuo e incidentes ocasionais.
En 1976, Benning filmou a súa primeira longametraxe 11 x 14, un estudo de paisaxe do Medio Oeste. Amosa imaxes dunha viaxe inexplicable polo país e as paradas realizadas durante esa viaxe, unha delas é unha toma dun minuto dunha viaxe nun tren elevado a través dos barrios baixos de Chicago, co rañaceos máis alto que funciona como un afastado punto de fuga. “Quería facer unha película narrativa, que trata predominantemente coa forma e coa estrutura, é dicir, a composición, a cor e a textura da imaxe e o espazo no interior e exterior da imaxe supúñase que formaría a narrativa real e desprazaría ao mesmo tempo a historia ao fondo. A historia subxacente non intenta reproducir a realidade, senón establecer un contexto, dentro do que cada persoa pode interactuar cos elementos formais e metafóricos da película. A narración está aberta a un propósito e ten un final aberto, para enfatizar o feito de que a realidade da película non está construída simplemente pola película mesma, senón a partir da experiencia de cada espectador que a ve. Cada espectador debe crear as súas propias metáforas a partir da película. Non obstante, o estilo fílmico, en tempo real e cunha cámara fixa documental, estacionaria, contradi a idea do que é unha metáfora." (James Benning)