
Yellow Sky / Cielo amarillo
William A. Wellman, 1948
98'. DCP. Subt. Castelán
Yellow Sky / Cielo amarillo
(Estados Unidos, 1948)
Dirección: William A. Wellman. Guión: Lamar Trotti. Fotografía: Joseph MacDonald. Intérpretes: Gregory Peck, Anne Baxter, Richard Widmark, Robert Arthur, John Russell, Henry Morgan, James Barton, Charles Kemper. Dur: 98'.
Unha banda de atracadores de bancos percorre o deserto e chega a unha vila pantasma. Alí viven un estraño vello e mais a neta. Que misterios entraña a vila?
Adaptando libremente A tempestade de William Shakespeare, o guionista Lamar Trotti mestura esta atmosfera cunha novela non publicada do escritor W. R. Burnett, autor de La jungla de asfalto, que tamén sería levada ao cine. De feito, o propio Burnett chegou a escribir ata 50 guións para Hollywood, para directores tan diversos coma John Huston, John Ford, Nicholas Ray ou Michael Cimino. Aquí advírtese o seu talento para o xénero e a intensidade duns personaxes nuns magníficos diálogos.