William Raban, programa 1
William Raban, (1972-2016)
73'. Vídeo. Entrada de balde
Broadwalk. Reino Unido, 1972, 16 mm transferido a vídeo, 12 min.
Angles of Incidence. Reino Unido, 1973, 16 mm, 12 min.
About Now MMX. Reino Unido, 2010, 35 mm transferido a vídeo, 28 min.
Time and the Wave. Reino Unido, 2013, vídeo, 15 min.
Available Light. Reino Unido, 2016, vídeo, 9 min.
Da exploración formal e estrutural do espazo e do tempo, espandíndose cara á exploración política e urbanística dun espazo –Londres– e un tempo –a era da xentrificación e a crise do capitalismo: entre estas dúas magnitudes móvense os filmes de William Raban que presentamos neste programa. A súa aproximación primeira, a dos seus estudos espaciais e de movemento dos anos 70, serve como lazo e forza propulsora para o Raban dos últimos anos, implicado coa súa contorna dunha forma máis comprometida. Unha viraxe cara unha non ficción experimental indisolublemente ligada á súa práctica dos comezos, nunha evolución que conserva a coherencia ao tempo que se move, imparable, acorde ao mundo que a rodea.