
A vingança de uma mulher
Rita Azevedo Gomes, 2011.
100'. DCP. Subt. galego.
A VINGANÇA DE UMA MULHER
(Portugal, 2011)
Dirección e guión: Rita Azevedo Gomes, sobre Les Diaboliques de Barbey d’Aurevilly. Produción: C.R.I.M. Produções. Fotografía: Acácio de Almeida. Intérpretes: Rita Durão, Fernando Rodrigues. Duración: 100 minutos.
Roberto, sarcástico dandi outonal, regresa aos salóns dunha cidade europea do XIX despois dunha longa viaxe. Nada o impresiona no seu fastío vital ata que unha noite ten un encontro sobrenatural: bate co cataclismo emocional dunha muller que busca vinganza. Esta é a horrorosa historia dunha duquesa, agora prostituta, a quen arrincaron cruelmente a súa razón de vivir. Azevedo, alumna avantaxada de Oliveira, asóciase cunha actriz en estado de graza (Rita Durão) nun filme delicado e brutal a un tempo.