
Un cuento para Olivia
Manane Rodríguez, 2008.
90’. Presentación a cargo da directora. Entrada de balde.
UN CUENTO PARA OLIVIA
(España, 2008)
Dirección: Manane Rodríguez. Guión: Xabier Bermúdez e Manane Rodríguez. Produción: Xamalú Filmes. Fotografía: Ángel Luis Fernández. Intérpretes: Paulina Gálvez, Manuel Cortés. Duración: 90 minutos.
A Olivia, unha cativa sudamericana de seis anos, adóptaa unha parella española. A súa nova vida vailles deparar distintos e inesperados retos que superar. A directora Manane Rodríguez (Un ajuste de cuentas, Los pasos perdidos) presenta unha sólida proposta lanzada desde Xamalú Filmes que, entre outros aspectos, subverte e dignifica as constantes do cine de vocación xuvenil e familiar tradicionais.