Tú y yo
Bernardo Bertolucci, 2012.
103'. DCP. Subt. castelán.
IO E TE / TÚ Y YO
(Italia, 2012)
Dirección: Bernardo Bertolucci. Guión: Francesca Marciano, Umberto Contarello, Bernardo Bertolucci e Niccolò Ammaniti, sobre a novella do último. Produción: Fiction Film, Wildside e Medusa Film. Fotografía: Fabio Cianchetti. Intérpretes: Tea Falco, Jacopo Olmo Antinori. Duración: 103 minutos.
Regreso ao Bertolucci máis intimista. Lorenzo, un adolescente de catorce anos engana os seus pais simulando unha excursión cuns amigos, cando en realidade se pecha no soto da casa familiar para vivir na compaña dos seus libros de terror e fantasía. Alí, ha ter un encontro inesperado. Logo de anos de inactividade por problemas de saúde, –dende Soñadores (2003)– Bertolucci volta cun filme sinxelo e poético.