TRILOGY
Terence Davies, 1976-1984
98´. Vídeo. Subtítulos en galego.
TRILOGY
(Gran Bretaña, 1976-1984)
Dirección e guión: Terence Davies. Produción: British Film Institute, National Film and Television School e Greater London Arts. Fotografía: William Diver. Intérpretes: Phillip Mawdsley, Nick Stringer, Valerie Lilley. Duración: 98 minutos.
Delicada e fascinante triloxía composta polas tres primeiras curtametraxes de Davies, “Children” (1976), “Madonna and Child” (1980) e “Death and Transfiguration” (1983), que se corresponden con outros tantos segmentos da vida dun home chamado Robert Tucker: a súa opresiva infancia, marcada polos malos tratos a mans do seu pai e dos seus compañeiros de colexio; a súa madurez como gris oficinista atormentado pola súa condición homosexual, sempre ao carón da súa nai; e os seus últimos días, nos que se ve asaltado por dolorosas lembranzas do seu pasado.