
Trás-os-Montes
António Reis, Margarida Cordeiro, 1976
111'. DCP Subt Galego
Trás-os-Montes
(Portugal, 1976)
Dirección e guión: António Reis, Margarida Cordeiro. Fotografía: Acácio de Almeida. Intérpretes: Albino S. Pedro, Carlos Margarido, Mariana Margarido. Dur: 111'.
Obra mestra do cine portugués, segundo Jean Rouch “a revelación dunha linguaxe cinematográfica nova”, referente para as xeracións de cineastas por vir. Un retrato da rexión de Trás-os-Montes (e figuración dunha idea do portugués), onde os cineastas pasaron anos filmando paisaxes e vilas e coñecendo a xente do lugar (protagonistas do filme en pé de igualdade cos seus directores). Un crisol de historias reais-inventadas, postas en escena e textos, no que Reis e Cordeiro fan resoar en cada imaxe os mitos da terra, o folclore, os ciclos da vida e as historias de quen a habitan.