Toutes les nuits
Eugène Green, 2001.
112’. Subt. Galego.
TOUTES LES NUITS
(Francia, 1999-2001)
Dirección e guión: Eugène Green, sobre o relato de Flaubert La educación sentimental. Produción: Ellabel Productions. Fotografía: Raphaël O´Byrne. Intérpretes: Alexis Loret, Adrien Michaux. Duración: 112 minutos.
Con máis de 50 anos Eugène Green dirixe a súa primeira película. Preto de Bresson e de Oliveira, unha adaptación que actualiza a novela de Gustave Flaubert La educación sentimental. Doce anos, desde os meses previos ao maio do 68 francés, na vida dos tres protagonistas: Henri, enviado a París para estudar; Jules, que escribe unha obra en verso; Emilie, a muller do titor de Henri. Estilizada, asume o legado e os compoñentes literarios que definen as opcións narrativas e estéticas posteriores (e constantes) de Green.