
Torres e cometas
Gonçalo Tocha, 2013
61'. DCP.
TORRES E COMETAS
(Portugal, 2013)
Dirección, fotografía e produción: Gonçalo Tocha. Intérpretes: Jerónimo Silva, José Paul. Duración: 61 minutos.
A medieval Guimarães, berce do Reino de Portugal e Patrimonio da Humanidade, vista en ton de parodia por Gonçalo Tocha (premiado no Bafici, Locarno e Documenta Madrid por É na Terra não é na Lua) que gravita pola cidade como cometa. Repárese no aparatoso e estraño número musical de acordeón do final, as lendas populares da cidade e as súas torres: a segunda torre nunca construída da Basílica de São Pedro, a emparedada Torre da Alfândega ou o misterioso fallo técnico na captación de son en São Torcato.