![TIGRES DE PAPEL TIGRES DE PAPEL](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_385.jpg?itok=Kujts3wj)
TIGRES DE PAPEL
Fernando Colomo, 1977
92'
TIGRES DE PAPEL
(España, 1977)
Dirección e guión: Fernando Colomo. Produción: La Salamandra P.C. Fotografía: Ángel Luis Fernández. Intérpretes: Miguel Arribas, Carmen Maura, Joaquín Hinojosa. Dur.: 92 min.
En vésperas das primeiras eleccións democráticas, un grupo de progres representativos das mudanzas sociais no país viven ensimesmados no seu universo de amoríos, porros e discursos. Comedia conxuntural, como ¿Qué hace una chica como tú en un sitio como este? (1978) tamén de Colomo, titulada cunha frase de Lenin que establece un ambiguo retrato robot de certos sectores da avanzada e interpola algunhas situacións identificables, ao tempo que abre camiño a un modelo de comedia e mesmo de humor de trazos localistas que se implantará nos anos 80.