Tamaño natural
Luis G. Berlanga, 1973
101'.
GRANDEUR NATURE / TAMAÑO NATURAL / LIFE SIZE (Francia-Italia-España, 1973) Dirección: Luis García Berlanga. Guión: Rafael Azcona e Luis García Berlanga. Produción: Les Productions Fox Europa, Films 66, Uranus Productions France (Francia), Verona Produzione (Italia) e Jet Films S.A. (España). Fotografía: Alain Derobe. Intérpretes: Michel Piccoli, Rada Rassimov. Duración: 101 minutos. Rodada en Francia e non estreada en España ata 1977, Berlanga ofrece o insólito relato dun dentista burgués (inesquecible Michel Piccoli), casado, farto do amor con mulleres -pola súa consideración de que sempre se lle pide algo en troques do amor-, decide buscar unha amante submisa. A elixida é unha boneca de plástico de tamaño natural. A soidade e a incomunicación nun filme (inesperadamente) polémico e mal entendido no seu momento, unha traxedia sen concesións nin blindaxe que ofrece algunhas das constantes que Berlanga viña desenvolvendo nos anos previos.
-
-
-
Rafael Azcona
Tamaño natural
Versión lingüística:VEFormato:35mm.Proxéctase xunto con 'O Carrabouxo' (caps. 21-22) 2'