
STILL WALKING
Hirokazu Kore-eda, 2008.
114´. Subtítulos en castelán.
ARUITEMO, ARUITEMO / STILL WALKING
(Xapón, 2008)
Dirección e guión: Hirokazu Kore-eda. Produción: Engine Film, Bandai Visual, TV Man Union, Eisei Gekijo e Ohtake Eiji. Fotografía: Yamazaki Yutaka. Intérpretes: Hiroshi Abe, Yui Natsukawa. Duración: 114 minutos.
Relato familiar centrado nun único día que reflicte o regreso á casa dos pais anciáns duns fillos adultos cos seus descendentes. Reunidos para conmemorar a tráxica morte 15 anos atrás do fillo máis vello, pouco a pouco amósanse os sutís cambios acontecidos nunha de tantas familias desestruturadas. Alternancia de sensacións, delicado equilibrio entre o ton humorístico e os elementos dramáticos, outra perspicaz longametraxe de Hirokazu Kore-eda (director de Nadie sabe ou Hana), de quen o CGAI fixo unha completa retrospectiva na primavera de 2007. Gañadora no certame de Mar del Plata e en varios festivais asiáticos.