Stemple Pass
James Benning, 2012.
122'. Vídeo HD. Subt. castelán. Entrada de balde.
STEMPLE PASS
(Estados Unidos, 2012)
Dirección, fotografía e produción: James Benning. Duración: 122 minutos.
James Benning funde dúas obsesións: a reprodución das cabanas de Ted Kaczynski, o afamado Unabomber, e Thoreau cos propios escritos de Unabomber. Catro planos de media hora de duración con textos políticos de Kaczynski lidos por Benning nun regreso do cineasta á palabra, sen descoidar as claves da súa obra: contemplación, radicalidade, serialidade, elaboración da relación son-imaxe-texto.